Queridos amigos,
Chegou o momento de poñer fin ao proxecto e gustaríame estendervos unha invitación para participar. Tras tres anos investigando a xestión do patrimonio arqueolóxico e a arqueoloxía pública no Mediterráneo, tiven a honra de coñecédevos a algúns e de aprender moito sobre os retos que enfrontamos na nosa práctica diaria. Pronto poderei compartir os resultados do proxecto, en acceso aberto como sempre. Mentres tanto, gustaríame facer unha pequena celebración en forma dun evento aberto no que podías poñer un ladrillo neste gran muro.
O evento terá lugar o próximo abril, virtual, e trataremos de facelo accesible a todas vós dun modo ou outro. Se recibes esta chamada e apetéceche participar nalgunha das actividades, non dubides que faremos todo o posible para atopar un modo a pesar das barreiras tecnolóxicas. Aínda que o inglés será o idioma dos eventos en vivo, non queremos que a lingua sexa outra barreira, así que haberá unha opción para participar no teu propio idioma para as actas.
O tema xeral da conferencia será: «Práctica arqueolóxica e sociedade no Mediterráneo» tan amplo como soa. A sociedade (nós, hoxe, non as sociedades do pasado) será o concepto principal, e calquera acción que explore as relacións entre sociedade e arqueoloxía no Mediterráneo será benvida. Pero tamén aproximacións á xestión do patrimonio arqueolóxico e a profesión no ámbito mediterráneo, ou achegas teóricas á arqueoloxía pública desde o Mediterráneo.
A data límite para recibir propostas será o 15 DE FEBREIRO DE 2021.
[link]
Poderás elixir entre as seguintes opcións:
- Ensaios fotográficos en Twitter ou Instagram [inglés]
- La Torre de Babel: Ensaios en póster [póster en inglés + opcionalmente un ensaio de 2000 palabras en calquera idioma mediterráneo]
E tamén poderás participar (activamente) dos paneis en vivo que terán lugar; os eventos sociais e as reunións, como a editatona de bibliografía que estamos a planear para esa semana.
Normas específicas:
*todas as contribucións aceptadas serán despois publicadas nun Volume Especial de revístaa AP: Online Journal in Public Archaeology (acceso aberto, gratuíta e indexada en Scopus)
Ensaios fotográficos en Twitter
Idioma: Inglés
Plataforma: Twitter
Formato: Ata dez imaxes (só imaxes, non diapositivas con texto ou similar) co seu pé en 280 caracteres.
Funcionamento: Unha vez aceptado, asignarase unha hora para compartilo durante o congreso. Terá que publicarse como un fío, engadindo no primeiro tweet a etiqueta #pubarchMEDfin e etiquetando tamén a @JaimeAlmansa na primeira imaxe. Compartiranse detalles máis específicos antes do evento. Para calquera dúbida ou se non tes Twitter, pero queres participar, contacta con Jaime.
Ensaios fotográficos en Instagram
Idioma: Inglés
Plataforma: Instagram
Formato: Ata dez imaxes (só imaxes, non diapositivas con texto ou similar) co seu pé e un límite total de 2200 caracteres.
Funcionamento: Unha vez aceptado, asignarase unha hora para compartilo durante o congreso. Publicarase como unha soa entrada coas dez imaxes, engadindo no pé a etiqueta #pubarchMEDfin e etiquetando ao final a @JaimeAlmansa. Importante: Só podes participar se a túa conta non está configurada como privada. Compartiranse detalles máis específicos antes do evento. Para calquera dúbida ou se non tes Instagram, pero queres participar, contacta con Jaime.
La Torre de Babel: ensaios en poster
Idioma: Inglés / Opcional un ensaio de 2000 palabras en inglés ou calquera dos idiomas mediterráneos.
Plataforma: Web
Formato: [poster] Equivalente a un formato DIN A1. Estilo libre. Podes enviar calquera formato e transformarémolo en imaxe. [ensaio] Podes estender os contidos do poster nun ensaio de 2000 palabras que se publicará con el.
Funcionamento: Unha vez aceptado, o poster (e o ensaio) subirase a unha galería de posters na web de #pubarchMED e a xente poderao ver alí. Durante o congreso haberá eventos sociais para reunirse e falar dos posters, podendo así interactuar con outros colegas e preguntar-contestar dúbidas.
Lembra enviar as túas propostas antes do 15 de febreiro de 2021
(resumos preferiblemente en inglés e de menos de 200 palabras)
https://forms.gle/mBymvJKUqr5usYwA7
